26 jun 2017

HISTORIA DIXITAL

Presentamos algunos recursos para trabajar y profundizar en las  posibilidades digitales de la enseñanza-aprendizaje de la historia, todo un abanico de posibilidades para presentar contenidos  históricos y enriquecer el trabajo de aula integrando las TIC:
1º. Reconstrucciones en 3 D

2º Digitalización de archivos, ejemplos de interés son:
-Pares: Portal de archivos españoles
-Gallica: Portal de archivos digitalizados de la Biblioteca Nacional de Francia
3º Reflexiones de investigadores especialista: Anaclet Pons



4º Departamentos de de Humanidades Digitales de Universidas Prestigiosas
-King's College

5º Utilización de las redes sociales, en especial Facebook

6º Revistas especializadas en formato digital:
-Hispania 
-History and Theory
-Rethinking History
-Historia da Historiografía

6 jul 2015

PENSAMIENTO HISTÓRICO Y EVALACIÓN DE COMPETENCIAS

Autor: Jesús Domínguez Castillo Jesús Domínguez Castillo

Editorial: Graó, Barcelona 2015
204 páx.

 No contexto educativo actual, e atendendo aos novos plantexamentos didácticos e metodolóxicos centrados na educación por competencias, este traballo presenta unha interesante reflexión teórico-práctica sobre a necesidade e conveniencia de abordar o coñecemento da materia de historia dende unha perspectiva competencial, presentando tamén unha proposta de avaliación das definidas como “competencias del coñecemento histórico”. O traballo parte dunha reflexión xeral sobre os novos modelos de avaliación por competencias, aplicados nas probas PISA, que se elaboran en base a tres dimensións diferentes: contidos e estrutura do coñecemento, procesos o destrezas cognitivas e situacións ou contextos. Tomando como referencia estes modelos, o autor elabora unha proposta moi ben documentada e fundamentada dende a investigación historiográfica, que ten como obxectivo abordar o coñecemento histórico dende unha perspectiva competencial, o que supón en definitiva, ensinar ao noso alumnado a “pensar historicamente”. Nos diferentes capítulos, o autor vai definindo as competencias históricas consideradas fundamentais : explicar historicamente feitos do pasado e do presente, utilizar probas e fontes históricas e comprender a lóxica do coñecemento histórico. Para cada un destes tres aspectos do coñecemento histórico, preséntanse diferentes tipos de propostas e probas prácticas de avaliación competencial que serven tamén de orientación á hora de elaborar propostas de aprendizaxe. En definitiva, este traballo supón unha interesante proposta de didáctica da historia que, en base a unha profunda fundamentación teórica sobre as características específicas e particulares do coñecemento histórico , identifica os seus principais elementos para a súa aplicación práctica, propoñendo tamén propostas de avaliación que permiten analizar e valorar a adquisición por parte do alumnado de competencias para “pensar historicamente”, coñecer e comprender o pasado co obxectivo de entender e comprometerse co presente.

7 may 2015

UDI "Un museo en mi móvil"

Unidad Didáctica Integrada: "Un museo en mi móvil"

6 may 2015

PROCURA E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Presentamos unha proposta orientativa elaborada para que o noso alumnado se familiarice cos procesos de procura, recollida e tratamento posterior da información a través da rede.

29 ene 2015


ORDEN COMPETENCIAS CLAVE E DECRETOS DE CURRICULUM PRIMARIA, ESO E BACHARELATO

Información sobre competencias clave e curriculum escolar

29 abr 2014


12 IDEAS CLAVE
ENSEÑAR Y APRENDER HISTORIA
Maria Feliu Torruela, F. Xavier Hernández Cardona

Colección Ideas Clave

Editorial: Graó,  Barcelona 2011,  179 páx.

I.S.B.N.: 978-84-9980-352-4


Esta publicación parte dunha interesante xustificación da pertinenza da historia nos currículos dos niveis de ensinanza obrigatoria, por considerar que o coñecemento histórico é un importante instrumento para interpretar e comprender a nosa sociedade na súa complexidade. Na educación do século XXI, a Histoira debe plantexarse como unha ferramenta de coñecemento científico ao servizo da formación persoal e da culturalización das sociedades que aspiran a “maiores cotas de libertade, xustiza e progreso”. 

Como punto de partida, os autores plantexan 12 grandes interrogantes sobre cómo enseñar e aprender historia,  aos que responden coas denominadas “12 ideas clave”, que podemos considerar como orientacións de referencia na didáctica desta materia. Para cada unha das ideas clave presentánse unha serie de orientacións didácticas de carácter moi práctico tendo en conta diferentes niveis educativos: infantil, primaria e secundaria.  Ademáis destas interesantes propostas de didáctica específica da historia, os autores presentan unha reflexión teórica moi ben fundamentada sobre cada un destes conceptos claves na construcción do coñecemento científico do noso pasado.

A obra complétase cun glosario de conceptos históricos científicos e didácticos e cunha selección bibliográfica e webgráfica que pode ser de enorme utilidade tanto cara a fundamentación teórica da materia como na súa didáctica 

22 abr 2013

EIXES CRONOLÓXICOS DA HISTORIA DE ESPAÑA CONTEMPORÁNEA

Ferramenta didáctica para a ensinanza aprendizaxe da enorme complexidade da Historia contemporánea de España (S. XVIII-XXI). O emprego de eixes cronolóxicos pode ser de enorme unitilidade para que o alumnado poida ter unha visión de conxunto dos principais acontecementos e da evolución histórica deste periódo

18 feb 2013

PROPOSTA DIDÁCTICA REINADO FERNANDO VII


COLABORACIÓN CO ARQUIVO XERAL DO REINO DE GALICIA


Este traballo é o resultado da colaboración entre o Arquivo do Reino de Galicia e un Grupo de Traballo do CFR da Coruña, constituído por profesorado de xeografía e historia. O principal obxectivo da proposta era achegar os arquivos e as fontes primarias ao alumnado de Secundaria nun intento de concebir o coñecemento histórico como un proceso científico de análise e de interpretación do pasado. Foron seleccionados 15 documentos históricos de diversa tipoloxía: Constitucións, grabados, pinturas, mapas, cartas, tratados, informes, etc., abarcando cronolóxicamente o período comprendido entre a Guerra da Independencia (1808-1814) e o reinado de Fernando VII (1814-1833). O traballo pode quedar perfectamente integrado nas materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia de 4º curso de ESO, Historia do Mundo Contemporáneo e Historia de España de 1º e 2º cursos do Bacharelato, respectivamente. O profesorado interesado pode descargar todo o material no enderezo web 


AULA VIRTUAL XEOGRAFÍA 2º BAC


AULA VIRTUAL DO IES ELVIÑA. A CORUÑA


Queremos presentar o labor do departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais do IES Elviña pola elaboración de cursos virtuais para abordar as diferentes materias do ámbito, a través da páxina web do centro accedemos á aula virtual onde podemos atopar  clasificados por niveis os diferentes cursos elaborados.  Gustaríanos  destacar entre todos eles o correspondente á Xeografía de España de 2º Bacharelato onde se presentan ademáis dun repositorio de materiais de calidade, un conxunto de actividades didácticas que permiten integrar esta ferramenta TIC na práctica de aula. Os contidos xeográficos preséntanse tamén dende unha perspectiva multidisciplinar incorporando en moitas ocasións outras materias como a literatura, a historia, a arte, abordando  así o espazo xeográfico dun xeito global




A HISTORIA ESCRITA CON XIZ


XIZ-TORIA
A historia escrita con xiz

Trátase dun blog de aula elaborado polo  profesor Julián Ferrer do departamento de xeografía, historia e  ciencias sociais do IES Francisco Aguiar de Betanzos que pretende presentar contidos históricos e reflexións sobre a historia dende unha perspectiva que vai máis aló da disciplina propiamente dita,  enriquecendo as aportacións con películas, documentos audiovisuais, cancións, libros, caricaturas que cun transfondo e contido histórico plantexan interrogantes e novas formas de abordar os contidos curriculares. O menú do blog estructúrase nos seguintes apartados relacinados coas diferentes temáticas abordadas: 1º Bach, 2º Bach, Garelia e Xiztoriadores onde se recollen traballos do propio alumnado; en definitiva, trátase dunha interesante e innovadora proposta que recolle a través desta ferramenta da web 2.0 unha nova visión que materializa unha forma diferente de achegarse ao coñecemento e reflexión histórico moito máis motivadora para o alumnado e que supón claramente unha proposta multidisciplinar e dinámica de construcción do coñecemento histórico, aportando unha dende unha perspectiva crítica novas formas de ensinar o pasado dende as problemáticas do noso presente