18 feb 2013

PROPOSTA DIDÁCTICA REINADO FERNANDO VII


COLABORACIÓN CO ARQUIVO XERAL DO REINO DE GALICIA


Este traballo é o resultado da colaboración entre o Arquivo do Reino de Galicia e un Grupo de Traballo do CFR da Coruña, constituído por profesorado de xeografía e historia. O principal obxectivo da proposta era achegar os arquivos e as fontes primarias ao alumnado de Secundaria nun intento de concebir o coñecemento histórico como un proceso científico de análise e de interpretación do pasado. Foron seleccionados 15 documentos históricos de diversa tipoloxía: Constitucións, grabados, pinturas, mapas, cartas, tratados, informes, etc., abarcando cronolóxicamente o período comprendido entre a Guerra da Independencia (1808-1814) e o reinado de Fernando VII (1814-1833). O traballo pode quedar perfectamente integrado nas materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia de 4º curso de ESO, Historia do Mundo Contemporáneo e Historia de España de 1º e 2º cursos do Bacharelato, respectivamente. O profesorado interesado pode descargar todo o material no enderezo web 


No hay comentarios:

Publicar un comentario