29 abr 2014


12 IDEAS CLAVE
ENSEÑAR Y APRENDER HISTORIA
Maria Feliu Torruela, F. Xavier Hernández Cardona

Colección Ideas Clave

Editorial: Graó,  Barcelona 2011,  179 páx.

I.S.B.N.: 978-84-9980-352-4


Esta publicación parte dunha interesante xustificación da pertinenza da historia nos currículos dos niveis de ensinanza obrigatoria, por considerar que o coñecemento histórico é un importante instrumento para interpretar e comprender a nosa sociedade na súa complexidade. Na educación do século XXI, a Histoira debe plantexarse como unha ferramenta de coñecemento científico ao servizo da formación persoal e da culturalización das sociedades que aspiran a “maiores cotas de libertade, xustiza e progreso”. 

Como punto de partida, os autores plantexan 12 grandes interrogantes sobre cómo enseñar e aprender historia,  aos que responden coas denominadas “12 ideas clave”, que podemos considerar como orientacións de referencia na didáctica desta materia. Para cada unha das ideas clave presentánse unha serie de orientacións didácticas de carácter moi práctico tendo en conta diferentes niveis educativos: infantil, primaria e secundaria.  Ademáis destas interesantes propostas de didáctica específica da historia, os autores presentan unha reflexión teórica moi ben fundamentada sobre cada un destes conceptos claves na construcción do coñecemento científico do noso pasado.

A obra complétase cun glosario de conceptos históricos científicos e didácticos e cunha selección bibliográfica e webgráfica que pode ser de enorme utilidade tanto cara a fundamentación teórica da materia como na súa didáctica 

No hay comentarios:

Publicar un comentario