6 jul 2015

PENSAMIENTO HISTÓRICO Y EVALACIÓN DE COMPETENCIAS

Autor: Jesús Domínguez Castillo Jesús Domínguez Castillo

Editorial: Graó, Barcelona 2015
204 páx.

 No contexto educativo actual, e atendendo aos novos plantexamentos didácticos e metodolóxicos centrados na educación por competencias, este traballo presenta unha interesante reflexión teórico-práctica sobre a necesidade e conveniencia de abordar o coñecemento da materia de historia dende unha perspectiva competencial, presentando tamén unha proposta de avaliación das definidas como “competencias del coñecemento histórico”. O traballo parte dunha reflexión xeral sobre os novos modelos de avaliación por competencias, aplicados nas probas PISA, que se elaboran en base a tres dimensións diferentes: contidos e estrutura do coñecemento, procesos o destrezas cognitivas e situacións ou contextos. Tomando como referencia estes modelos, o autor elabora unha proposta moi ben documentada e fundamentada dende a investigación historiográfica, que ten como obxectivo abordar o coñecemento histórico dende unha perspectiva competencial, o que supón en definitiva, ensinar ao noso alumnado a “pensar historicamente”. Nos diferentes capítulos, o autor vai definindo as competencias históricas consideradas fundamentais : explicar historicamente feitos do pasado e do presente, utilizar probas e fontes históricas e comprender a lóxica do coñecemento histórico. Para cada un destes tres aspectos do coñecemento histórico, preséntanse diferentes tipos de propostas e probas prácticas de avaliación competencial que serven tamén de orientación á hora de elaborar propostas de aprendizaxe. En definitiva, este traballo supón unha interesante proposta de didáctica da historia que, en base a unha profunda fundamentación teórica sobre as características específicas e particulares do coñecemento histórico , identifica os seus principais elementos para a súa aplicación práctica, propoñendo tamén propostas de avaliación que permiten analizar e valorar a adquisición por parte do alumnado de competencias para “pensar historicamente”, coñecer e comprender o pasado co obxectivo de entender e comprometerse co presente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario