28 oct 2011

WORLDMAPPER

http://www.worldmapper.org/index.html
 Este enderezo web permite acceder a casi 700 mapas e cartogramas con información sobre diferentes variables socioeconómicas e xeográficas  e a súa representación espacial. Cada un dos documentos cartográficos presentados está ligado a un arquivo en  formato pdf que recolle unha interseante información complementaria en relación co fenómeno socioespacial representado.
A virtualidade didáctica deste recurso online radica no traballo a partir de cartogramas que posibilitan a comparación da dimensión espacial dun determinado fenómeno xeográfico coa distribución territorial real de dito espazo, así por exemplo si analizamos a posibilidade de acceso á agua potable no planeta ou o uso de internet,  observaremos a enorme deformación dos territorios que aparecen agrandados ou  diminuidos en función da  importancia do fenómeno analizado.
A estructura da web permite dúas formas de navegación para acceder aos contidos, ben a través dun índice alfabético (A-Z map index) ou ben a partir un listado numerado de cartogramas (Thumbnail index). A meirande parte dos contidos están en inglés pero existe tamén a posibilidade de descargar algún dos materias  en español.

No hay comentarios:

Publicar un comentario